Luís Pardo Fernández asume a presidencia da xestora do PP de Sarria

O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Sarria a Luís Pardo Fernández (Navia de Suarna, 1965). Pardo Fernández é afiliado do PP dende hai uns 16 anos, profesionalmente é ATS e desempeña a dirección do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, da Consellería de Política Social. Foi concelleiro popular no mandato 2007-2011.
Pardo Fernández di que se dá un mes de prazo para ter totalmente conformada a xestora do partido. O seu obxectivo neste sentido é que nela teñan representación todas as sensibilidade do partido en Sarria. Lembra que son membros nato da xestora os membros do grupo municipal, do que di que leva a cabo un gran labor de oposición ao goberno local, e que non haberá cambio de liña.
O presidente da xestora sinala que o seu traballo terá como liña principal a de abrir o partido a toda a sociedade de Sarria, con fin de que o PP se parece o máis posible a sociedade sarriá. O obxectivo é que o PP chegue ás eleccións do 2023 forte e unido, de maneira que volva gobernar neste municipio.