Mensaxe do Partido Galeguista polo aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

“Benqueridas/os amigas, amigos e irmáns da Galicia Alén do Mar na quinta provincia galega de Bos Aires, na miña calidade de Secretario Xeral do Partido Galeguista, quero agradecervos profundamente o convite e o agasallo que nos facedes ao permitirnos achegarnos un ano máis ao voso carón, através da lectura destas verbas nunha das celebracións máis importantes de cantas se fan ao longo do ano, non só na Galicia Alén do Mar, senon tamén na Galicia Territorial.

Amigas e amigos, irmáns, estanse a piques de cumplir 136 anos do nacemento na fermosa vila mariñeira de Rianxo na Ría de Arousa, e 72, do pasamento nesa cidade porteña de Bos Aires, do galego máis universal, do pai da pátria galega, da figura máis grande que dou esta Terra galega, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. O irmán Daniel finaba tal día como hoxe do ano 1950, na habitación 202 do hospital do Centro Galego bonaerense.
É hoxe, un ano máis, as fillas e fillos de Breogan, estamos aquí lembrando noutravolta ao noso Castelao, pero este ano ímolo lembrar botando mán da letra do noso ímno, berrando alto e forte !os tempos son chegados!. Si irmáns, é hora xa de que a Galicia Territorial e a Galicia Alén do Mar na quinta provincia galega, collámonos da mán e xuntos sexamos quenes de facerlle o gran recoñecemento do que Castelao é merecente; recoñecemento que ata o día de hoxe, 72 anos despois do seu pasamento, ainda está pendente. Sí “berremos alto e forte” !os tempos son chegados!.Chegou o intre, chegou o día…e tempo xá de que honremos a figura do pai da patria, e solicitemos das autoridades políticas que “recoñezan” o que xa é un feito dende aquela gloriosa data do 15 de Novembro de 1944, no que véu a lúz na cidade de Montevideo o Consello de Galiza, co fin de dotar a Galicia dun organo político no exilio, lexitimado polo estatuto de autonomía da Nosa Terra e plebiscitado o 28 de Xuño de 1936, e do que Castelao foi elexido o seu Presidente.
Por elo que mellor lugar e data para dende aí – na cidade de Bos Aires a Galicia ideal para Castelao, cidade que o acolleu nos derradeiros anos da súa vida- SOLICITAR das institucións da Galicia Territorial: Parlamento Galego e Governo Galego da Xunta de Galicia que “RECOÑEZAN INSTITUCIONALMENTE” a figura de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao como o que foi e é, “O PRIMEIRO PRESIDENTE DE GALICIA”
Sen máis, permitídeme rematar estas verbas !berrando ao ceo, alto e forte!
!Viva Argentina! !Viva Galicia!
!Viva Castelao! !Saúde e Terra!”
🛰Partido Galeguista

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *