Novo roteiro de Adega para coñecer “a arte prehistórica escondida nos Ancares”

Este domingo 23 de xaneiro, continuando co programa de roteiros “As nosas sagradas montañas”, percorrerase as montañas de Cervantes e Becerreá nun roteiro guiado polo Colectivo Patrimonio dos Ancares e coa colaboración da AC Rente ao Couce, para coñecer o gran patrimonio arqueolóxico que hai nas zonas de Cervantes e Becerreá e que nalgúns casos pode verse afectado pola actual vaga eólica
O autobús levará ata a Necrópole megalítica da Pena dos Mouros-Alto do Oural, en Cervantes, composta por 9 mámoas, e a 1.180 metros de altitude. Dende aquí collerase o autobús que deixará no Castro de Santa María, en Cervantes, século I a.C.-II d.C. declarado BIC. Nas inmediacións hai varias explotacións mineiras de época romana de grande interese. Aproveitarase para xantar no Castro.
Collendo novamente o bus para chegar á Necrópole megalítica dos Lagorzos-Serra de San Pedro, en Becerreá, composta por 8 mámoas e situada a 800 metros de altitude. Dende este punto, camiñando polas zonas afectadas polo proxecto eólico Serra do Furco, actualmente en fase de tramitación.
A lonxitude total será de 8 Km e a dificultade será baixa.
Para participar no roteiro é necesario inscribirse antes do venres 21 de xaneiro ás 13h a través do formulario, cubriranse as prazas por orde de inscrición. Toda a información na bitácora dos roteiros e www.adega.gal ou chamando ao 982240299.