O 85% dos galegos optaron pola xestión online coa Xunta no 2021

Os usuarios do sistema Chave 365 incrementáronse máis dun 400% no último ano

O 85% dos galegos e galegas que tiveron que facer xestións coa Xunta en 2021 optaron por realizalas online. Son máis dun 8% respecto ao ano pasado e preto dun 60% respecto a 2019. Así o recolle o sistema de indicadores da Administración Dixital, accesible desde o Portal de Transparencia da Xunta, que reflicte a evolución de uso e implantación dos diferentes servizos dixitais da Administración autonómica.

Destaca tamén o crecemento nos usuarios de Chave 365, o sistema que permite identificarse e o asinar documentos dixitalmente na sede electrónica da Xunta. En 2021 figuran rexistrados 1,4 millóns de usuarios fronte aos 267.192 de 2020, o que supón un incremento do 420%.

As notificacións electrónicas, que o usuario pode recibir no móbil en lugar de en papel a través da caixa de correo, incrementáronse máis dun 37% no último ano pasando máis de 888.00 en 2019 a máis de 1,2 millóns en 2021.

O sistema de indicadores constata que o acceso a sede electrónica da Xunta continúa crecendo, pasando de 1 millón de accesos en 2020 1,1 millón en 2021. Destaca especialmente o acceso á carpeta do cidadá da sede electrónica cuxo uso incrementouse nun ano en máis dun 94%. No 2020 rexistrou 2.229.959 accesos fronte aos 4.331.065 de 2021. A carpeta do cidadá é o un espazo de consulta individual da sede no que o cidadán pode consultar o estado dos seus trámites.

Unha Administración máis dixital

A Estratexia Galicia Dixital 2030 busca consolidar o uso da Administración dixital transformación do modelo relacional das administracións coa sociedade, promovendo máis servizos públicos dixitais, inclusivos, proactivos, personalizados e seguros, máis accesibles e dispoñibles e desde calquera lugar, configurando unha Xunta no móbil, e fixando como meta intermedia para 2025 asegurar que o 70% das persoas e o 85% das microempresas usen a canle dixital coas administracións.

Capacitación Dixital da cidadanía

Para favorecer o uso intensivo dos servizos dixitais a capacitación da cidadanía será un elemento fundamental. En xaneiro do 2022 entrará en vigor o Marco Galego de Competencias Dixitais, que ofrecerá un mecanismo normalizado de certificación das competencias dixitais por parte da Administración autonómica para que calquera persoa maior de 16 anos poida acreditar o ser nivel de coñecemento, capacidade e aptitude no ámbito dixital.

Ademais, reforzarse o papel da Rede de Aulas CeMIT cun plan de reforma e ampliación contempla a ampliación de ata 30 novas aulas, intensificará a presenza da Rede no rural cun servizo de aula móbil e será o instrumento fundamental para acadar o obxectivo marcado polo Plan de Recuperación e Resiliencia para 2025 de que máis de 45.000 persoas consigan a acreditación en competencias dixitais.

Desde a súa posta en marcha en 2011 a Rede CeMIT impartiu más de 453.000 horas de formación desde e máis de 100.000 persoas se beneficiaron das súas iniciativas. Nesta década a porcentaxe de galegos e galegas usuarios de internet en máis dun 85%.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.