O BNG lembra en Lugo a Castelao no 72 aniversario do seu pasamento

Olalla Rodil destacou a vixencia do amplo legado político e artístico de Castelao. Representantes do BNG nas distintas institucións realizaron un acto na estatua de Castelao da rúa da Raíña

O BNG realizou esta mañá unha homenaxe a Castelao coincidindo co 72 aniversario do seu pasamento. A deputada no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, xunto con cargos orgánicos e institucionais do BNG, realizaron unha ofrenda floral na estatua de Castelao da rúa da Raíña de Lugo. Rodil destacou «a importancia do amplo legado político e artístico de Castelao, que continúa vixente máis de 70 anos despois».

«O BNG recolle o legado de Castelao e do Partido Galeguista», afirmou Olalla Rodil, que engadiu «o nacionalismo é máis necesario que nunca para Galiza, precisamos máis que nunca un BNG forte e coas mans libres que defenda os intereses de Galiza e confíe nas capacidades do noso pobo».

«Imos construír unha Galiza que deixe atrás máis dunha década de recortes do PP, porque no BNG confiamos no potencial de Galiza e sabemos cara onde queremos camiñar, cara unha Galiza máis xusta, con servizos públicos fortes, á vangarda na loita contra a emerxencia climática, con base na ciencia e na innovación, con oportunidades para a mocidade, feminista, unha Galiza internacionalista e solidaria, que defenda os dereitos dos pobos e unha democracia de calidade», afirmou Olalla Rodil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.