O PP reforza a súa estrutura na provincia de Lugo, para gañar máis alcaldías e conseguir os gobernos da Deputación e do Concello de Lugo

Comezan os congresos locais para a creación de novos equipos de traballo e o fortalecemento das agrupacións

A presidenta provincial, Elena Candia, anuncia a celebración dos congresos locais, que comezan hoxe co de Friol; seguirán, o sábado, 22, Baralla; mércores, 26, en Muras; 28, en Sober; sábado, 29, no Páramo; venres, 11, en Baleira, e, o sábado, 12 de febreiro, en A Fonsagrada

O PP “pon en marcha os equipos para abordar nas mellores condicións as vindeiras citas electorais, moi especialmente para atender ás demandas dos veciñas e veciñas e para a defensa da nosa provincia nos asuntos que máis preocupan,  porque o Partido Socialista está sendo destrutor para Lugo”

 O secretario xeral, Javier Nodal, destacou que o PP pretende a recuperación dos gobernos da Deputación e do Concello de Lugo. Tamén lembrou que o PP abre a súa sede á sociedade, a todos aqueles que teñen algo que dicir e anunciou para o próximo día 27 unha conferencia do profesor Manuel Arenilla Sáez

Balseiro. “É o momento de fortalecer o  partido; é o momento de fortalecer as estruturas locais para despois acertar tamén no nomeamento dos candidatos”

José Manuel Balseiro, coordinador xeral e voceiro do PP, manifestou que “queremos conservar todas as alcaldías e estar preparados para ganar todas as que se poidan ganar a maiores”, porque “todos son importantes, dende o de Negueira de Muñiz ao de Lugo”

Balseiro manifestou que “é o momento de fortalecer o  partido; é o momento de fortalecer as estruturas locais para despois acertar tamén no nomeamento dos candidatos”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.