O reitor da UDC, Julio Abalde, e a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, asinaron un protocolo de colaboración

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron esta mañá na Reitoría un protocolo marco de colaboración que formaliza as relacións institucionais entre ambas as dúas entidades.

Polo convenio asinado hoxe, que se concretará en futuras accións, a UDC e a Consellería de Emprego e Igualdade comprométense a fomentar o intercambio de experiencias e de persoal nos campos da docencia e a formación, así como a participación conxunta en programas de investigación e desenvolvemento.

O reitor cualificou este acordo de “moi importante” pois establece unhas relacións institucionais necesarias para o alumnado universitario. “A Universidade xoga un papel fundamental na formación do alumnado pero tamén ten que favorecer a súa incorporación ao mercado laboral”, manifestou Abalde. A conselleira valorou tamén a firma deste acordo. A colaboración coa Universidade da Coruña é unha ferramenta para unha meta común: dar a formación precisa para que as empresas sexa máis competitivas e haxa empregos de maior calidade, apuntou Lorenzana, subliñando que “é magnífico que a Universidade se achegue ao mercado laboral”.

Ao acto de firma asistiron a vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía, e a directora Xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, así como o xerente da UDC, Ramón del Valle.

Foto portada: Desde a esquerda, a vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o reitor, Julio Abalde; e a directora Xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.