O Vello Cárcere acolle a exposición Flores Silvestres de Galiza, do pintor ourensán Consantino González

A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua visitou a nova mostra que vén de abrir ao público no Vello Cárcere. Maite Ferreiro destacou a mostra como «unha nova proposta para coñecer o patrimonio natural da Galiza e desfrutar da pintura de Constantino González»

A exposición Flores Silvestres de Galiza consta de 19 pinturas realizadas en óleo sobre lenzo mostrando a través da arte as distintas flores silvestres que se poden atopar nos montes galegos, como o toxo, os pampullos ou os croques. Cada pintura acompáñase dunha explicación sobre a historia desa flor, con datos como a orixe, as propiedades, o hábitat no que se atopa ou o seu período de floración. «Trátase dun traballo que combina a arte coa cultura e a paisaxe propia da natureza galega», afirmou Maite Ferreiro

Constantino González (Ourense, 1950) aprende a debuxar aos 11 anos na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Con 17 anos emigra a Venezuela, onde compaxina o seu traballo cos estudos de pintura e ilustración artística na Acedmia de Belas Artes de Caracas. Ao longo da súa traxectoria cultiva diferentes estilos, mais inclínase polo impresionismo no óleo sobre lenzo cuns trazos sinxelos, harmoniosos e alegres, con moita luz e fáciles de entender.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.