Oleiros solicita á ministra de Transición Ecolóxica a recuperación da area para a praia de Santa Cruz

O alcalde do Concello de Oleiros, Ángel García Seoane, xunto co concelleiro de Obras Públicas, Antonio Molinos, asistiu ao acto oficial de inicio das obras de dragado da ría da Pasaxe

Esta importante obra de 32,2 millóns permitirá a recuperación da ría para o baño e o marisqueo, ademais de incluír a construción do tramo de paseo marítimo actualmente inexistente entre Beiramar e Cambre e dous novos parque públicos en Culleredo e Oleiros.

Aproveitando a presenza da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, o alcalde reiterou a súa solicitude de rexeneración da praia do porto de Santa Cruz, que perdeu máis de 1,5 metros de profundidade de area. Esta situación non só impide un maior aproveitamento da praia para o baño senón que tamén incrementa a desprotección da estrutura do paseo marítimo ante os temporais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.