Oleiros solicitará á Xunta fondos europeos para o rego de San Pedro e o Monumento Natural

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, solicitou unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto, para pedir que a Xunta de Galicia financie mediante os fondos procedentes da Unión Europea dúas importantes actuacións medioambientais no municipio

Nese encontro coa conselleira, o alcalde solicitará financiación para a realización da obra de creación do paseo fluvial do Rego de San Pedro, que irá desde Iñás ata O Seixal. Neste momento, xa están aprobados todos os trámites e proxectos necesarios para a licitación desta obra.

García Seoane tamén vai trasladarlle Ángeles Vázquez a necesidade de que a Xunta acometa unha actuación urxente no Monumento Natural para protexer este espazo ante o avance do Helichrysum petiolare. Esta planta invasora está a causar un forte impacto medioambiental e visual que, entre outras zonas, pode verse claramente na zona dos faros de n.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.