Os socialistas anunciaron que presentarán mocións en Concellos e Parlamentos autonómicos para apoiar a reforma laboral e o diálogo social

Así o avanzaron hoxe en rolda de prensa os deputados lucenses no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, que remarcan “que este acordo histórico contribúe en impulsar a creación de emprego estable e de calidade, para atallar a precariedade e o desemprego no noso país. Por iso pedimos altura de miras para apoiar esta Reforma baseada no diálogo, para que nos permitirá avanzar cara a unha recuperación xusta, e para que España, Galicia e Lugo sigan medrando.”

A través desta moción demandase “apoiar a reforma laboral acordada entre os representantes dos empresarios e os traballadores para impulsar a creación de emprego estable e de calidade. Contribuír co seu apoio parlamentario a potenciar a contratación indefinida fronte á temporalidade a través do contrato indefinido e do fomento do contrato fixo descontinuo, así como apoiar a recuperación da negociación colectiva para aumentar os dereitos dos empregados, que permita restablecer o equilibrio entre empresarios e asalariados. Crear un marco laboral adaptado ás necesidades do século XXI, e por último, defender o diálogo como ferramenta para alcanzar acordos como o logrado cos axentes sociais ao redor da reforma laboral, por encima de ideoloxías, e que permiten avanzar cara a unha recuperación xusta para que España siga crecendo”.

Os socialistas sinalaron que se trata dun convenio que “aposta por un emprego de calidade e deixa atrás décadas de precariedade, fronte ao modelo do PP, baseado na desvalorización salarial”. Remarcaron tamén que “a reforma laboral é un novo compromiso co que o PSOE cumpre coa cidadanía e tamén coa Comisión Europea, unha circunstancia que permitiu que España comezase a recibir os primeiros fondos europeos”.

Consenso

“Dende o PSOE reclamamos a todas as forzas políticas que apoien este acordo de empresarios e traballadores. É unha satisfacción o traballo realizado nos últimos meses consensuadamente entre o Goberno de España, a Patronal e os Sindicatos para sacar adiante esta Reforma Laboral con diálogo, negociación e acordo”. E pregúntanse “que intereses defenden aqueles políticos que non son capaces de defender os intereses acordados entre empresarios e traballadores?”, advirten.

Modernización das relacións laborais

Prieto e Cerqueiro abundaron na súa comparecencia nas vantaxes deste acordo laboral. Por unha banda “refórmase a lexislación laboral en España modernizando as relacións laborais para facer máis competitiva a economía española, e por outra banda, contribúe a dar máis garantías aos dereitos das persoas.”, argumentan

A través deste acordo, os traballadores poden acadar unhas relacións laborais nas que a contratación permanente sexa a de carácter indefinido. Tamén se potencia a contratación indefinida fronte á temporalidade, achegando un plus de seguridade ás familias. Sobre todo nestes meses de incerteza que estamos a vivir como consecuencia da pandemia. Ademais, esta reforma reduce a precariedade e o desemprego rompendo cunha dinámica de temporalidade e precariedade que ía en prexuízo das clases traballadoras e as súas familias. Incentivase a contratación indefinida e o emprego estable. Os contratos normais serán os indefinidos, e os temporais serán só con causas concretas e controladas, en especial para sectores como o agrícola, ou a construción. Mesmo estarán acoutados no tempo, é dicir limita a contratación temporal (máximo tres meses por ano) e fomenta o contrato fixo descontinuo.

Outra gran medida é a da recuperación da negociación colectiva. A seguridade refórzase ao ter primacía o convenio sectorial sobre o de empresa, que só poderá aplicarse se determina mellores condicións salariais que o sectorial que resulte de aplicación. Búscase tamén poñer freo aos despedimentos e protexer o tecido produtivo. Os ERTE foron unha das grandes palancas na xestión da crise sanitaria, que permitiron preservar o emprego de 3,4 M de traballadores. Por esta razón agora perfecciónase e incentiva o seu uso regulando un novo instrumento: mecanismo rede de flexibilidade e estabilización do emprego, como unha alternativa ao despedimento, como forma de flexibilidade interna das empresas. Impulsase o contrato de formación, e vaise impedir os ERE nas Administracións Públicas.

Dende o PSOE apostamos por un emprego estable e de calidade

Segundo os últimos datos publicados na nosa provincia en Lugo no ano 2018 había 16.313 persoas sen emprego, e no 2021 a cifra é de 14.546. “Por iso insistimos, dende o PSOE apostamos por un emprego estable e de calidade, xa que é un piar fundamental do Estado do benestar. En tan só ano e medio, España logrou recuperar os niveis de afiliación á Seguridade Social previos á pandemia, nunca contaramos con tantas mulleres afiliadas. Este o camiño a seguir, seguir impulsando unha recuperación xusta para todas as traballadoras e traballadores”, sinalan os deputados.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.