Ourense, primeira provincia galega que completa o seu mapa provincial de emerxencias

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares, asinaron en Muíños un novo convenio para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais.
Manuel Baltar destacou o paso adiante que supón este acordo para os veciños de toda a provincia: “Ningunha localidade ourensá está a máis de trinta minutos dun GES, que terán máis efectivos e melloran as súas condicións orzamentarias na procura dunha maior seguridade da veciñanza”.
O servizo terá un orzamento anual de 3,8 millóns de euros, coa Deputación asumindo tamén a achega dos concellos dentro da súa aposta pola cooperación institucional. O acordo reforza a profesionalización da estrutura dos GES, con 12 sedes permanentes e 16 novos traballadores.