Podemos Galicia presenta mocións municipais para renovar o convenio colectivo do SAF

A formación sinala que o convenio que establece a regulación laboral do Servizo de Atención ao Fogar en Galicia está caducado desde o 2011 e que a evolución salarial realízase en función da subida do IPC, o que supón que «as condicións salariais están desfasadas»

Como consecuencia, os salarios tenden a ser baixos e os contratos temporais, que en ocasións pódense considerar fraude de lei, sen respectar as baixas por enfermidade ou as condicións pertinentes para as xubilacións.

A portavoz de Podemos Galicia, Verónica Hermida, sinala que as traballadoras do SAF «son o exemplo da precarización dun sector feminizado no que as empresas se negan a revisar un convenio que non se axusta ás condicións laborais acordes a un labor tan esencial».

O SAF é un servizo desempeñado na súa maior parte por mulleres que están especializadas nunha serie de atencións que son fundamentais para o desenvolvemento da vida de moitas persoas, pero aínda a día de hoxe non hai compromiso do Goberno do PP e de moitos gobernos locais para defender os dereitos destas traballadoras.

Podemos Galicia ademais tamén insta ao Ministerio de Sanidade ao recoñecemento das enfermidades profesionais específicas do SAF e á inclusión das traballadoras -como xa se fixo co persoal sanitario- para que a covid sexa considerada unha enfermidade profesional.

«A intención desta moción é que a Xunta se implique para que a patronal se aveña a a actualizar o convenio, dado que é un servizo sobre o que ten as principais competencias. Buscamos que o conxunto de administracións asuman a súa responsabilidade para mellorar as condicións dunhas traballadoras que sofren no seu corpo e vida as consecuencias dun labor que pagan coa súa saúde».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.