Presentada a terceira edición do ciclo Lugo en Danza

O primeiro semestre de danza de 2022 conta con 6 espectáculos que se desenvolverán entre o 25 de xaneiro e o 17 de xuño

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades correspondentes ao primeiro semestre da programación de danza de Lugo, enmarcadas no ciclo Lugo en Danza (LED). Maite Ferreiro destacou que «a nivel galego, só os concellos de Lugo e a Coruña contamos con programación de danza estable durante todo o ano, o que nos permite colocarnos como un punto importante desta arte escénica no calendario estatal e atraer a Lugo espectáculos de primeira calidade, ao mesmo tempo que apoiamos ás creadoras e creadores locais e galegas».

A área de Cultura do Concello de Lugo aposta fortemente pola danza a través do ciclo LED, que ao longo do ano se complementa con outras propostas como o festival Cartorafía en Movemento. «Buscamos ofertar unha programación de calidade e continuada no tempo, que atenda á demanda do público de Lugo», explicou a edil de Cultura, que destacou «a boa aceptación da programación de danza por parte do público, demostrándoo en cada espectáculo».

A terceira edición do ciclo Lugo en Danza contará con espectáculos no Auditorio e no MIHL, e como novidade desenvolverase unha programación expandida, con distintas actividades ao longo do ano. «Partimos da idea de que as potencialidades das e dos artistas non se restrinxan só ao escenario, dando a posibilidade de establecer vínculos co público en obradoiros ou encontros», explicou a edil de Cultura.

O primeiro semestre da programación contará con propostas novidosas de compañías galegas, conando con Andrea Quintana, Nuria Sotelo, Colectivo Glovo ou Eleahod. De cara ao segundo semestre, o ciclo LED entrará no circuito de programación Circula, ao obter o apoio da Plataforma das Artes do Movemento de Galiza. Este circuito naceu co obxectivo de facilitar a mobilidade das e dos profesionais da danza, e está impulsado por asociacións profesionais de danza de Catalunya, Cantabria, Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía e do País Vasco.

Toda a información do cilo pode atoparse na web lugoendanza.com. As entradas para os espectáculos para público adulto terán un custo de 5€, con descontos do 30% para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG. Os espectáculos para público familiar terán un prezo único de 3€. As entradas poderán adquirirse a través do portal entradaslugo.com e na oficina municipal de turismo.

1º semestre ciclo LED 2022

25 de xaneiro; «Nubivago» de Equilibrio dinámico.

17 de febreiro; «O raro é que bailar sexa raro» de Andrea Quintana.

6 de marzo; «Nina ninette» de Traspediante (Público familiar).

8 de abril; «Mortaís e vulnerables» de Furia Sotelo.

6 de maio; «Tabú» de Colectivo Glovo.

17 de xuño, «Nó» de Elahood.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.