Previa da xornada para os equipos de Escolas Balonman Xiria

1ª Estatal

Xornada de derbi na que o Calvo Xiria visitará ó Oar Coruña o sábado ás 19:00 no Pavillón San Francisco Javier. Loita polo terceiro posto da táboa na que comparten os mesmos puntos neste momento da competición. Un partido sempre difícil e igualado ao que se lle suma esta vez a loita polos postos altos da clasificación. O Calvo Xiria seguirá contando coa baixa de Álex Gómez por unha escordadura de nocello e volverá a contar coa participación dalgúns dos xogadores xuvenís que pouco a pouco van buscando un oco no primeiro equipo.

Categorías Base: Liga Ouro 

O Hierros Varela Urbieta Xiria recibe ao UB Lavadores Vigo o domingo ás 12:30 horas no Pavillón Vila de Noia. Encontro difícil contra un dos equipo fortes do grupo no que as locais buscarán seguir mellorando e voltar a senda da vitoria. O Laber Xiria A visita ao líder da categoría, Club Cisne Bm. Colegio Los Sauces o domingo ás 12:00 horas. Os de Brais buscan dar a sorpresa en Pontevedra e traer 2 puntos para Carballo que os manteñan preto do grupo de cabeza.

Viaxes longas para Grupo Lemaco Xiria A e Garaysa Xiria que se desprazan o domingo a Porriño e Tui, respectivamente, buscando 2 puntos que os sigan mantendo como líderes de grupo mentras traballan para seguir consolidando o seu estilo de xogo. Pola súa banda, o Punta del Este Xiria A enfrontarase ao Bm. Chapela o sábado ás 13:00 horas. Encontro complicado ao que as carballesas viaxan con toda a intención de mostrar a súa mellora na competición.

Categorías Base: Liga Prata 

O Laber Xiria B enfróntase ao líder do seu grupo, Club Cisne Bm. Colegio Los Sauces, o domingo ás 10:00 en Pontevedra nun partido que se presenta complicado pero sen nada que perder e moito que gañar. O Grupo Lemaco Xiria B recibe o sábado ás 10:00 ao Oar Coruña no Vila de Noia buscando consolidar o seu bó estado físico. Dobre xornada para o Punta del Este Xiria B que o sábado enfrontarase ao Manxares Carballiño a domicilio e o domingo recibe ao CB Atlántico ás 10:30 horas no Pavillón Vila de Noia. As carballesas atópanse nun bó momento e agardan superar este dobre enfrontamento mostrando o seu mellor xogo.

Categorías Base: Alevíns e benxamíns

En alevín 7 teremos encontros entre os nosos equipos que se xogarán o venres. Ás 16:00 enfrontaranse o Carpintería Gómez Xiria máis o Garaysa Xiria e ás 16:30 farán o mesmo Laber Xiria e Reneymar Xiria.

Na categoría alevín 5 os encontros xogaranse o domingo no Pavillón San Francisco Javier. O Reneymar Xiria enfrontarase ao Bm. Xallas FC e o Insplaber Xiria ao Bm. Camariñas A.

Os equipos de benxamín 5 teñen dobre xornada. A primeira será o venres no Pavillón do CEIP Fogar na que Telepizza Xiria, Maquisaba Xiria A, Maquisaba Xiria B e Óptica Auris Xiria terán enfrontamentos entre eles.

O domingo viaxan á concentración no Pavillón San Francisco Javier onde Óptica Auris Xiria se enfrontará ao Bm. Culleredo Nosolomadera, Maquisaba Xiria B ao Bm. Xallas FC, Maquisaba Xiria A ao Bm. Ribadosar e Telepizza Xiria a Bm. Camariñas A.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.