RELEVO 2, o programa que achega os sectores pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino para o relevo xeracional

O proxecto de colaboración RELEVO 2 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia

Despois dunha primeira fase na que se realizou a presentación do proxecto nun acto público no Museo do Pobo Galego en Santiago e a captación dos centros educativos para a súa participación, o programa arranca este 2022 con 51 institutos inscritos, máis de 2170 escolares de secundaria participantes e novas actuacións que xa deron comezo a semana pasada.

Neste anualidade, que se prolongará ata final de ano, o RELEVO 2 levará cabo as seguintes actuacións:

  • formación en centros de ensino de cara a coñecer as oportunidades do sector pesqueiro,
  • visitas a empresas nos diferentes territorios GALP para que o alumnado sexa coñecedor de primeira man dos recursos e oportunidades que ten na súa zona xeográfica,
  • elaboración dun manual de boas prácticas de cara a recoller a información principal sobre titulacións, saídas profesionais e centros de ensino en relación ao sector do mar e tamén proxectos de éxito levados a cabo nos diferentes territorios e,
  • tamén se está buscando a maneira de poder dar a oportunidade a un número determinado de alumnos para que poida embarcar en busques de pesca, a modo de prácticas, para vivir e experimentar en primeira persoa o día a día das xentes do mar.

En canto ao programa formativo divídese en tres bloques principais de contidos:

  1. a) PESCA E ACUICULTURA
  2. b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
  3. c) TURISMO E DEPORTES NÁUTICOS

Cada bloque impartirase a través de varias sesións de aula nas que se contará cun equipo docente formado por titulados superiores no eido da oceanografía con ampla experiencia na realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos.

Ademais contarase con persoal do sector pesqueiro e de entidades colaboradoras (asociacións, empresas, etc) que irán á aula a falar de diferentes oficios e postos de traballo que o sector ofrece.

Os centros educativos poden participar na totalidade das sesións propostas ou ben escoller os bloques temáticos que máis lles interesen. Dende a organización podemos comentar que a meirande parte dos institutos anotados, participarán nos tres bloques propostos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.