Revista do Fútbol Feminino Galego – Número 100 (xaneiro, 2022)

Carlos Castro

Que fantástico é o fútbol. Realmente, un universo cheo de emocións que poden mudar en medio ano. Se hai seis meses estabámonos laiando polos descensos do Deportivo e do Friol, no remate do 2021 atopámonos cunha sensación ben diferente, coas ilusións fervendo como nunca e gozando porque as herculinas acaban de tomar o liderado do grupo Norte de Segunda División, que de mantelo ao remate da campaña as levaría de volta á Primeira División, e na Primeira Nacional temos tres equipos galegos, Viajes Interrías, Friol e Sárdoma, que po-derían, se non os tres, cando menos dous, pois as das Relfas están fóra no ecuador da Liga, facer parte do novo formato da Terceira División. A Coruña, Lugo, norte de Pontevedra e, tal vez, sur de Pontevedra. Que boa distribución para relanzar o fútbol feminino galego, cos principais referentes distribuídos por catro partes diferenciadas do noso territorio.

O primeiro editorial do ano, nun número para festexar, facer o propio coa última gran noticia do 2021. No día 29, a Xunta de Galicia publicou o Decreto 171/2021, que modifica o 16/2018, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas. Que significa isto? 2022 é un ano electoral na RFGF e o que parece que non pode facer a Asemblea da institución si poderá conseguirse pola vía do legal. Louzán, que para moitos chegou ao fútbol para ficar e se servir, pode ver frustrado o seu proxecto debido á condena, en pri- meira instancia, que lle impuxo dous anos de pri- sión e oito de inhabilitación para o exercicio da función pública por unha falcatrúa con cartos públicos no Concello de Moraña. O Decreto impide que calquera persoa que teña contas pendentes coa xustiza, como o impedimento para o exercicio de funcións públicas, poda presidir calquera federación deportiva galega. O Decreto afonda na necesidade de aumentar a transparencia dos procesos electorais e a igualdade de oportunidades para acceder ao cargo. Unha cousa pode deducirse disto. A Xunta de Galicia recoñece, implicitamente, que os que reclamamos a destitución de Louzán estabamos no certo e que a democracia nas federacións deportivas ten deficiencias.

100. Revista FF. Xaneiro 2022

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.