Segue a farsa no proxecto de Cobre San Rafael

A plataforma veciñal Cornado Mina Non lamenta a falta de criterio e credibilidade da filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas ao facer pública a súa relación cun personaxe como José Luis Villanueva e recorda que a compañía, ao igual que as súas empresas matrices, non está en situación de velar pola integridade de nada, e moito menos pola saúde medioambiental da ría de Arousa cando nin en Touro nin en Riotinto son capaces de controlar verteduras e riscos para a poboación.

O colectivo recorda que o Xulgado do Penal nº2 de Pontevedra ven de condenar a Villanueva por un delito de lesión ao avogado de Vilagarcía Santiago Prego xa que, según a sentenza, emprendeuna a golpes co letrado causándolle un desprendemento de retina do que tardou en recuperarse 528 días, precisando ademáis dúas operacións cirúrxicas. A sentenza considera probado que a causa das lesións foron as puñadas do presidente da asociación de Parquistas de Carril ao abalanzarse sobre o xurista.

Por estes motivos, a sentenza xudicial ditaminou que se trata dun delito de lesión, polo que ven de sancionar ao novo aliado de Cobre San Rafael a 18 meses de cadea e unha indemnización que alcanza os 61.000 euros, triplicando os 22.123 solicitados pola Fiscalía.

Doutra banda son as propias mariscadoras da súa confraría -a pontevedresa de Carril da que tamén é patrón maior-, as que denunciaron casos de machismo e acoso tolerados sen problema por Villanueva.

Hai que ter en conta, ademáis, que Venancio Salcines, que se autocalifica a si mesmo como “senior advisor” da mineira e actual exerce cargos como o de director xeral da universidade privada CESUGA ou as presidencias da Escuela de Finanzas EF Business School e o Comité de Marca Pino de Galicia gábase co seu respaldo público de ser un dos valedores do citado acordo pero non deixa de ser outro individuo que atesoura un polémico pasado, pois durante a súa etapa como concelleiro no concello coruñés de Cambre tivo que dimitir de maneira fulminante como responsable de Facenda e Comercio en 2009 tras cargar ao consistorio casi 3.000 euros en decenas de facturas entre as que se atopaban, segundo publicou no seu momento o diario La Opinión de A Coruña, xeados artesáns, consumicións en locais de ocio ou contas de supermercado no que chegou a calificarse por todos os grupos da oposición municipal como un evidente caso de corrupción política.

UNS COMPAÑEIROS DE VIAXE POUCO RECOMENTABLES

Por desgraza, este é o tipo de “aval” ao que recorre unha compañía cuxos “compañeiros de viaxe” demostran unha e outra vez cos seus feitos e actuacións o verdadeiro “respecto” que teñen cara a sociedade e o medio ambiente. Non en balde, hai que recordar que Atalaya Mining no seu proxecto andaluz de Riotinto presenta un sistema de balsas mineiras considerado como o máis perigoso de Europa e que acumula expedientes sancionadoresescándalos internosaltos niveis de sinistralidade laboral e numerosos incumprimentos en materia ambiental, que incluso derivaron en actuacións de oficio por parte do Ministerio Fiscal. Pola súa banda, Explotaciones Gallegas recibiu máis de 80.000 euros en multas nos últimos anos polas súas verteduras e irregularidades cometidas en relación do dominio público hidráulico.

A “FUTURA MINA DE TOURO” É UN PROXECTO CANCELADO POLA ADMINISTRACIÓN E DENOSTADO SOCIALMENTE

Por outra parte, Cornado Mina Non considera unha completa tomadura de pelo as afirmacións en prensa da mercantil Cobre San Rafael sobre “a futura mina de Touro” cando se trata dun proxecto rexeitado en firme pola Administración galega pola súa inviabilidade técnica e ambientalpoñéndose en fronte á sociedade galega e desatando unha onda de solidariedade que trae o recordo da catástrofe do Prestige e o movimento “Nunca Máis”, que marcou un antes e un despois na loita contra a protección do medio ambiente no noroeste peninsular.

REXEITAMENTO Á UTILIZACIÓN FALSARIA DO CONCELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS (CSIC)

A plataforma denuncia, para rematar, a utilización falsaria que a mineira está a facer do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que en realidade nin está ao servizo dos seus intereses particulares de negocio nin actúa ás súas ordes ou mandatos como esta quere facer crer nas súas mensaxes públicas. A realidade máis clara neste senso é que as investigacións que se veñen realizando nos últimos 30 anos sobre a calidade de augas no esteiro do Ulla e o seu sistema fluvial demostran que a mina de Touro xerou un problema acumulativo de imposible solución a curto prazo, para o que non hai “solucións máxicas” e que coarta e seguirá a coartar a conservación da natureza no que supón a día de hoxe o maior desastre ambiental de Galicia.

Anuncios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.