‘Tres Comadres’ é o primeiro single de ‘Reviravoltas’, o novo álbum de Cuarteto Caramuxo

O álbum completo, verá a luz en todas as plataformas dixitais o vindeiro venres 4 de febreiro

‘Reviravoltas’ é xa o terceiro traballo discográfico deste sexteto que segue apostando firmemente pola riqueza do legado de Casto Sampedro e a súa encomiable labor de recuperación da tradición oral como base para construir a súa contemporánea e emocionante interpretación da tradición.

Gravado en xullo do 2021 nos estudos Planta Sónica de Vigo, o repertorio experimenta con disciplinas e estilos diversos e promete colaboracións de alta intensidade, sempre coa impronta que les caracteriza e arriscando e reinvidicando o papel crucial do clarinete no noso acervo cultural, tan esquecido en tantas ocasión.

Con 9 cortes e algunha que outra sorpresa, ‘Reviravoltas’ soa intrépido, atrevido pero, á vez, harmonioso e grande, coa bravura e o poder do nosa raíz como protagonista absoluto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.