Volve o cinema miúdo ao Gaiás con Pequefilmes

Volve o mellor cine miúdo á Cidade da Cultura coa sexta edición de Pequefilmes. O festival de curtametraxes infantís consolida a súa oferta e proxección internacional cunha amplísima selección de filmes de animación e imaxe real no que teñen cabida todos os estilos e xéneros. Ademais, Pequefilmes mantén este ano a súa aposta por un formato híbrido, con proxeccións en sala e en liña, que permitirán a nenas e nenos de todo o país gozar da programación do festival

O festival decorrerá na fin de semana do 29 e 30 de xaneiro de 2022. A cativada poderá vivir a experiencia do cinema en pantalla grande nos auditorios 1 e 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura e tamén ver os filmes a través da rede, accedendo ás diferentes sesións a través da plataforma tv.Festhome. A programación desta sexta edición supera as 80 curtametraxes procedentes dunha vintena de países de todo o mundo, distribuidas nas seccións a concurso do festival: Miñocas (a partir de 3 anos de idade) e Fanecas (a partir de 7 anos de idade).

Fóra de concurso, Pequefilmes ofrece este ano dous programas especiais en colaboración co Festival Clermont-Ferrand e o Festival Olloboi. A primeira inclúe unha ducia das mellores películas seleccionadas nas últimas edicións do prestixioso festival francés, mentres na segunda poderán verse preto de 20 curtas creadas e protagonizadas polo alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino de Galicia que participaron no festival de cine escolar que se vén celebrando en Boiro desde o ano 2009. Este ano, Pequefilmes conta tamén coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e de Gadis, que patrocina un dos premios do festival.

PROXECCIÓNS DE CURTAS POR IDADES

Pequefilmes 2022 - Miñocas Pequefilmes 2022 - Fanecas
Pequefilmes Miñocas. +3 anos. Auditorio 1 do Edificio CINC. Consulta aquí a programación e merca a túa entrada. Pequefilmes Fanecas. +7 anos. Auditorio 2 do Edificio CINC. Consulta aquí a programación e merca a túa entrada.
Programa especial Clermont-Ferrand Programa especial Olloboi
Escolma das mellores películas seleccionadas nas últimas edicións do prestixioso Festival Internacional de Curtametraxes Clermont-Ferrand. Sesións nas Salas Miñocas e Fanecas. De balde previa retirada de entrada. Curtas realizadas no marco do Festival Olloboi. Dirixidas escritas e ata protagonizadas polo alumnado de primaria e secundaria de Galicia. Sesións nas Salas Miñocas e Fanecas. De balde previa retirada de entrada.

PREMIOS PEQUEFILMES 2022

Pequefilmes aposta non só por ofrecer contidos audiovisuais de calidade ás nenas e nenos, senón tamén por fomentar desde idades temperás o gusto polo cinema e a ollada crítica das audiencias máis novas. As nenas e nenos, ademais de espectadores, son o xurado do festival e a serán as súas valoracións as que determinen os premios aos mellores traballos exhibidos nas seccións Miñocas e Fanecas.

  • Premio do Público á Mellor Curtametraxe da categoría Miñocas (+3 anos).
  • Premio do Público á Mellor Curtametraxe da categoría Fanecas (+7 anos).

*A votación dos filmes só estará dispoñible para as sesións presenciais de Miñocas e Fanecas.

COMO VER PEQUEFILMES NA REDE

O festival Pequefilmes contará cun espazo propio na plataforma tv.Festhome, no que ver en liña as distintas sesións de curtametraxes. Para acceder, sigue estes pasos:

  • Rexístrate en tv.festhome e entra co teu usuario e contrasinal.
  • Consulta o programa no espazo de Pequefilmes e selecciona a sesión que prefiras. Podes mercar a túa entrada para unha sesión (3€) ou un abono (15€ para unha sección completa: Miñocas ou Fanecas / 25€ para todo o festival). As entradas estarán dispoñibles proximamente.
  • Unha vez realizado o pago, poderás ver a/s sesión/s escollida/s durante o tempo que permanezan dispoñibles: do 29 ao 31 de xaneiro de 2022.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.