Xuntos Carballo empezará en breve a recadar apoios para a regularización de persoas migrantes en España

A formación Carballesa Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto,ten na súa axenda inmediata a xuntanza coas entidades sociais carballesas
O obxetivo e recoller de primeira mán reinvindicacións,puntos de vista, necesidades das propias entidades e tamén ofrecer toda a axuda por parte da formación política municipalista. Desta maneira a agrupación seguirá incorporando achegas a o seu programa político de cara as vindeiras eleccións locais. Asimesmo Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, expoñeralle a todas as asociacións a iniciativa que dende o partido M+J a nivel estatal están levando a cabo, que non é outra que unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) con recollida de firmas para a regularización de persoas migrantes no territorio nacional (que cumpran con diferentes requisitos).
Esta acción está respaldada ata o momento por máis de 300 entidades de todo estado(fundacións,asociacións ,forzas políticas,ONG…) podendo informarse a través de Wikizens.com; serán os integrantes da formación carballesa os encargados/as de arrecadar apoios entre a veciñanza de maneiras diversas. De maneira provisional a formación conta con un local onde informar, recadar apoios, firmas, queixas ou reinvindicacións na estrada xeral Carballo-Santiago no lugar de Casaldares, propiedade do secretario local e voceiro da agrupación municipalista.
Tamén contan con un teléfono de información e teñen previsto pedir o correspondente permiso para a colocación dunha carpa, procedendo a o reparto de folletos informativos e onde a cidadanía pode amosar o seu apoio a través da correspondente firma.