Xuntos Carballo pecha definitivamente os nomeamentos da formación nas distintas áreas

A formación Xuntos Carballo por un mundo máis xusto que presentará a súa candidatura nas vindeiras elecións locais de 2023, xuntouse este sábado para pechar definitivamente as áreas,e nomear as persoas encargadas das mesmas
Debido á pandemia e seguindo os protocolos acudiron os máximos responsables unha vez consensuado vía telemática co resto das personas da formación, a orde do día. A agrupación segue avanzando no programa político, estando este xá moi avanzado, tendo en conta as numerosas aportacións que reciben da veciñanza acotio.
«Somos unha opción política municipalista,centrada en facer dende a humildade que nos caracteriza un Carballo máis xusto, e pretendemos que a cidadanía sexa participe na confección do noso programa, porque contamos cun grupo de xente preparada e ilusionada. Asimesmo, estamos avalados por un partido con implantación nacional, que nos da apoio técnico, por iso queremos ser a voz do pobo. Saimos a gañar, porque este concello precisa un cambio urxente, uns servidores públicos que escoiten, que se preocupen por todo/as de igual maneira, vivan onde vivan, unhas contas públicas en tempo real a que calquera teña acceso en calquera intre, e tantas outras cousas, que se botan en falta», sinala Xesús Deus. Os/as responsables son os seguintes:
Xesús Deus Gende. Secretario local, voceiro e área social.
José Luis Bardanca Rojo. Urbanismo,obras,servizos e organización.
Patricia Rodríguez Cruz. Sanidade e benestar.
Nieves Sánchez Calle. Medio rural e medio ambiente.
Marco Bardanca Mato.
Mocidade, festas e mercados.
María del Mar Ordóñez Abelenda.
Feminismo e igualdade.
Perfecto Méndez Lema.
Tráfico, seguridade e mobilidade.
Mariluz Cambón Varela.
Economía e facenda.
Adrián Bardanca Martínez.
Deportes.
María Jesús Seoane Vázquez.
Educación e cultura.
Juan Carlos Rey Pensado.
Actas
Mónica Martínez Castro.
Comercio, turismo e hostalaría.