Xuntos Carballo pide a reparación do firme da rúa Carré Aldao

O secretario local e voceiro da formación Xesús Deus Gende e o responsable de obras José Luis Bardanca achegaronse ata a rúa Carré Aldao, para contrastar a queixa que lle chegou a través das persoas que residen nesa zona de Carballo
Puideron comprobar que certamente existe un grande número de fochancas que pon en risco o tráfico rodado. Igualmente unha tapa dos sumidoiros sobresae uns cantos centímetros da calzada, o que engade un alto risco de danar os vehículos, e máis se non se coñece a súa ubicación.
“Dado que o concello non fai por reparar as fochancas, non queda outra que botarlle o que podemos para tapalas”, así se expresa un veciño indignado que non é a primeira vez que lle bota gravilla para encher o burato.
“Dende Xuntos Carballo por un mundo máis Xusto, pedimos a o consistorio que proceda de maneira inmediata a acondicionar o firme, e tente darlle unha solución a o sumidoiro que sobresae na estrada”.