Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pide unha actuación urxente na estrada de Razo.

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de obras José Luis Bardanca desprazaronse ata a estrada de Razo , para verificar as queixas recibidas nos últimos días.
O punto concreto situase enriva da ponte que cruza a autovía, no que o firme presenta un desnivel que afecta de manera directa a o tráfico rodado, con un risco alto de sufrir danos ou accidentes.
Parte dos condutores optan por esquivar tal anomalía polo que invaden o carril contrario, sendo este un acto perigoso que pode causar incidencias graves.Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, pedimos a o concello que proceda a facer as xestións precisas, diante da administración responsable da vía, para que remate con este potencial problema.Por outra banda solicitamos unha actuación urxente de acondicionamiento do firme en Razo, pois o parcheado que se fixo non hai moito,e que no seu día pedimos dende a nosa formación ,está desfeito de novo,o que deixa ver outro traballo chapuceiro a os que xá estamos afeitos no noso concello.