Xuntos Carballo recolle queixas en referencia a especies arbóreas en Razo

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e a responsable de medio ambiente Nieves Sánchez Calle, desprázaronse ata a o lugar de Santa Mariña na parroquia de Razo, para coñecer en primeira persoa a reinvindicación dun veciño que se sinte esquecido por parte das administracións, en relación a o cumprimento da obriga de manter as especies arbóreas afastadas das casas nun radio de cincuenta metros

A finca «infractora» ten unha plantación de eucaliptos a uns cinco metros da vivenda o que pon en risco o fogar desta familia tanto a nivel de lumes, coma a caída de polas ou follas que poden causar danos no tellado ou atascar o canalón de salidas de augas. De igual maneira e dado que nesa zona alta bate moito o vento no inverno, engádese a posibilidade de que algunha arbore se arrinque, podendo causar danos graves na casa.

Foron numerosas as solicitudes que presentaron os afectados,e aínda que lle dan a razón, e recoñecen o incumprimento do dono da finca, ata o día de hoxe nada se fixo o respecto, “o que indica a falta de compromiso por parte do concello en canto a cumprimento da normativa vixente”. Non fai moito o lume andivo moi preto das casas, precisamente polo imcumprimento das normas.

Do lado contrario atópase o caso da notificación que o consistorio mandou a un veciño de Ardaña, onde se lle require que proceda a cortar un castaño duns trinta ou máis anos. A árbore en cuestión non pode ser catalogada coma rbore invasiva nin de perigo potencial de lumes, dado que esta soa na finca da súa propiedade e non causa danos a infraestruturas, canalizacións, liñas de luz ou teléfono. “Unha especie autóctona que precisamos conservar,e non obrigar a cortar, como pode ser o caso de acacias,mimosas, piñeiros e eucaliptos”.

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto piden que “os gobernantes locais que fagan cumprir a normativa en Razo, e revisen as notificacións que se lle mandan a os veciños/as tendo en conta cada caso de maneira individualizada, como acontece co castiñeiro, pois a solicitude de corta non pode basearse na prevención de lumes. dado que esta especie non se atopa entre as variedades especificadas na norma vixente”. “Queremos pensar que non haxa diferentes varas de medir dependendo de quen sexa o dono ou dona da propiedade”, sinala Xesús Deus.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.