Xuntos Carballo solicita melloras na contorna do colexio de Bértoa

O secretario local e voceiro da formación Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Méndez Lema achegáronse ata a parroquia de Bértoa, para comprobar a sinalización e firme da contorna do colexio de infantil da zona, e do centro social
As carencias son grandes, tendo en conta que e unha zona concurrida e pola que pasan amiudo numerosos vehículos. Unha vez falado con veciñ@s estes transmiten que botan en falta sinais de información da zona escolar advertindo da velocidade permitida, ou bandas rugosas que fagan que os vehículos pasen amodo polo lugar, pois actualmente a velocidade dos mesmos non é a máis axeitada, tendo en conta tamén que existe unha parada de bus.
“Pedimos pois a o concello que proceda a sinalizar de maneira axeitada a zona , coloque mecanismos para a redución de velocidade e arranxe asimesmo as fochancas que existen preto do centro social”.