Xornadas históricas do Grove

Demasiadas veces temos escoitado decir “no Grove non temos historia”, un mantra que atravesa a varias xeracións da nosa veciñanza; seguramente pola asimilación que moitas persoas fan do patrimonio arquitectónico, o construído, coas páxinas da historia, do sucedido, do que aconteceu… Pois diso imos tratar, dos acontecementos, do pasado, de feitos que protagonizaron persoas naturais no descoñecemento se non desvendamos eses episodios, que semellan estar ocultos.
Tratamos da Historia, e das historias, o quere decir que revelamos episodios sucedidos mediante a narración oral, e as imaxes documentais, achegando persoas que coñecen partes dese pasado noso, do que son especialistas e que comparten o seu coñecemento en dúas xornadas.
O venres, 18 de febreiro, en dobre sesión, procuramos poñer luz, con Dionísio Pereira, na fuxida que protagonizaron 18 mariñeiros que en 1937 liscaron do franquismo, e doutras que se levaron adiante dende diferentes portos das nosas costas, ademáis de presentar a obra do fillo do Grove, Xaquín Exidio Cuíñas Chaves, da saga dos Mimí do Corgo, titulada As gotas de mercurio que novela este asunto. A seguir será a quenda dos feitos que protagonizaron varios mariñeiros da Armada que, sendo leais ao goberno da II República española pagaron un alto prezo, nunha palestra na que falaremos da democracia dentro das forzas armadas, para o que contamos co maxisterio de Floren Dimas, paracaidista oficial do Exército do Aire, historiador y promotor de colectivos de militares demócratas. Con el teremos a Xosé Manuel López Franco, investigador e historiador, autor da obra Manuel López Pinal.Crónica, con certeza o militar grovense máis
O sábado, 19 de febreiro, é a quenda da fundación, en decembro de 1931, e do desenvolmento posterior do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda. persoas nacidas no Grove, que lle darán un amplo percorrido a esa forza política na nosa vila, ata acadar a alcaldía que Xacobe Barral Otero ocupaba en xullo de 1936, cando se produce a sublevación militar. Disto falaremos con Francisco López Franco, Chesqui, actual secretario xeral do Partido Galeguista, e co editor e historiador Antón Mascato, autor do libro A Irmandade Galeguista do Grove que se presenta nestas xornadas; e co director de cinema Xan Leira, produtor de Memoria Democrática e Documental de Galicia, que estrea nes- tas xornadas a obra audiovisual, do mesmo título que a mencionada A Irmandade Galeguista do Grove que dese xeito resultan complementarias, sendo diferentes no seu soporte e nos contidos.
As xornadas teñen entrada libre, só limitada polo aforo e as medidas de saúde públicas vixentes nesas datas, nelas as asociacións Lobisome Producións e da Memoria Histórica do Grove, colaboramos nesta proposta na que conta- mos co apoio do Concello do Grove e da Deputación de Pontevedra.