O delegado territorial da Xunta en Lugo asistiu á entrega dos premios Butelo de Ouro e eloxiou a traxectoria dunha das festas gastronómicas de referencia da montaña lucense

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu esta mañá á Feira do Butelo, na Fonsagrada, para visitar a carpa de produtores locais e participar na entrega do premio Butelo de Ouro. Arias eloxiou a traxectoria desta Festa de Interese Turístico Galego, da que destacou que «É das citas gastronómicas máis importantes do calendario lucense, coa que a Xunta de Galicia colaborou un ano máis, que é especial tanto por recuperar a festa que non se puido celebrar en 2021, como por cumprir os 25 anos».

O Delegado da Xunta agradeceu a invitación do alcalde da Fonsagrada para a xornada de hoxe, pero lamentou que esta invitación non fora extensible ao sábado, día da inauguración oficial, na que si estiveron presentes varios deputados e o presidente da Deputación, entre outros. Javier Arias sinalou ao respecto que «unha cita lúdica e festiva non debe estar determinada pola política. Creo que festas como esta deben ser un punto de encontro, que sirva para traballar aínda máis pola exaltación dos nosos produtos gastronómicos, polo futuro do medio rural, pola promoción turística e, agora máis que nunca, pola reactivación destes sectores».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.