A Alternativa Ciudadana de Ponteareas propondrá no Pleno a mellora dos horarios de atención das sucursais bancarias

Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas presentaremos unha moción, no próximo Pleno Municipal do mes de febreiro, ante a grave situación que provocan as entidades financeiras coa desmesurada redución do horario de atención o público.

Estamos cansados e fartos de ver como as entidades financeiras afincadas no noso termo municipal (Abanca, Santander, BBVA, Sabadell e CaixaBank) só programan a atención en caixa ata as 11 da maña. Esta política implementada polo sector da banca ofrece unha imaxe lamentable a diario, onde podemos ver como existen colas de decenas de persoas agardando para poder resolver as súas xestións antes do límite horario imposto.

Entendemos que esta situación debe rematar xa, comezando por lograr o apoio unánime de todos os grupos políticos ante esta inxustiza social. Demandaremos que as entidades bancarias presten un servizo como ata non hai moito, abrindo dende as 9 as 14 horas, e buscando un trato respectuoso os nosos veciños dirixirémonos de forma directa as cinco entidades instaladas en Ponteareas.

Como declara Juan Carlos González Carrera, portavoz de ACiP, indica que «a situación é insostible, xa que cada día pola maña existen na contorna das sedes dos bancos numerosas colas. Alí agardando existen persoas maiores; autónomos que teñen que parar o seu traballo ou comercio; asalariados que necesitan pedir horas debido o pouco marxe de atención etc. Por esa razón entendemos que en Ponteareas debemos unirnos todas forzas da corporación, enviando unha mensaxe de unión fronte o desamparo dos cidadáns ante o oligopolio do mundo bursátil».

Temos a intención de facer chegar esta resolución plenaria o Banco de España, xa que é o que ten a potestade para poder forzar as entidades financeiras a rematar con este abuso, así como o Ministerio de Economía, sendo a parcela do goberno encargada de tomar cartas no asunto.

Dende a nosa formación queremos facer fincapé neste tema, ao ser unha cuestión que afecta a toda a veciñanza e cuxa situación non se pode dilatar no tempo. As entidades financeiras deben tratar mellor os cidadáns, que son os grandes aforradores e os que, en consecuencia, colocamos os bancos na súa actual situación para que agora, nos traten como un encordio para eles.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.