A POIG reclama unha Lei de Infancia para os nenos, nenas e adolescentes en Galicia

O 22 de febreiro, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), celebrou a  súa primeira Asemblea Xeral do ano 2022. Na mesma se aprobou por unanimidade o Plan de Acción que rexerá os proxectos da POIG durante os próximos meses

Ademais do fortalecemento da propia entidade, a Asemblea determinou outros dos seus obxectivos estratéxicos:

  • Incidencia política e social polos dereitos da Infancia. Neste punto cabe destacar a necesidade de ter unha Lei de Infancia, que destacase aos nenos, nenas e adolescentes nun primeiro nivel en canto a todas as normativas e administracións existentes na comunidade.

Ademais neste punto a POIG iniciará unha rolda de contactos para poñer encima da mesa o contido do Informe sobre a Situación da Infancia en Galicia que se presentou con motivo do Día do da Infancia 2021 xunto á Valedora do Pobo.

Tamén a Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI) é outro punto deste plan de acción pola súa importancia de asentamento na Comunidade Autónoma.

  • Promover a mellora do Sistema de Protección de Menores galego (SPM). A Asemblea aplaudiu a posta en marcha dun grupo de traballo entre a POIG, a Xunta e as xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Entre outras cuestións, aprobáronse como obxectivos estratéxicos: o establecemento dun documento de necesidades a abordar polo SPM; o apoio á Xunta para a revisión de protocolos e circulares e reivindicar a voz dos equipos que acompañan á infancia nas entidades.

 

  • Promoción da participación infantil. Desde a POIG traballarase todo o ano para que o seu incipiente Grupo de Participación Infantil e Adolescente se consolide e se defendan os seus dereitos. Neste senso a Asemblea aprobou un ano máis a celebración do Día da Infancia (20N), unha xornada na que está prevista que haxa un acto central en coordinación coa Xunta e varios actos descentralizados en todas as provincias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.