Adrián López “Piscu” traerá a Cerceda o primeiro evento formativo para deportistas de alto rendemento

A idea do programa é contribuír e axudar a que “deportistas de toda Galicia” teñan unha oportunidade para compaxinar a competición de elite e os estudos académicos

Adrián López, coñecido no mundo do fútbol como “Piscu”, traerá a Cerceda os vindeiros días 8 e 9 o primeiro evento formativo para deportistas de alto rendemento, especialmente que estean a cursar estudos de bacharelato ou equivalentes, de idades entre os 18 e os 22 anos.

A idea do programa é contribuír e axudar a que “deportistas de toda Galicia” teñan unha oportunidade para compaxinar a competición de elite e os estudos académicos. Celebraranse tanto palestras informativas como encontros menos formais para que o que fose xogador do RCDeportivo, Wigan Athletic ou Club de Foot Montréal poida departir cos novos talentos.

“O soño de calqueira futbolista é xogar en Primeira División, pero tan só o 1% teñen a oportunidade de chegar a ese nivel”, afirma “Piscu”, que fai fincapé na relevancia de “encarar unha nova etapa vital cunha base sólida, e isto só o asegura unha boa formación”.

Por iso, a través de bolsas económicas en países como Estados Unidos ou Dinamarca, os novos talentos poden compaxinar ambas actividades para que na balanza “ningunha das dúas teñan máis peso”, subliña Adrián López, quen afirma que “acadar o equilibrio entre eses dous mundos é moi complicado, e por iso ter xente o teu carón que che facilite a tarefa é fundamental”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.