AGASEDE discrepa da proposta de lei de residencias do Bloque Nacionalista Galego

A Asociación Galega do Sector da Dependencia– AGASEDE, tras analizar o documento presentado polo BNG manifesta que atopa puntos que deixan en moi mal lugar o sector da dependencia.

En relación a proposición de lei galega de residencias de maiores rexistrada no parlamento galego polo BNG, queremos expresar o nosa oposición o documento por considerar que non é realista nin consensuado co sector.

Dende AGASEDE queremos fuxir de esa visión distorsionada, na que se pretende proxectar que somos un sector de fondos de inversión sen conciencia. O sector esta conformado na súa maior parte, por entidades de iniciativa social, PYMEs, autónomos e pequenas empresas. Que en moitos casos son empresas familiares con gran arraigo na terra e vocación por dar uns coidados de calidade.

Non entendemos que se faga unha proposta de costas ó sector, un sector que xera riqueza e emprego en Galicia, especialmente no rural, onde se constitúe para moitos concellos un motor económico vital.

Como xa expresamos no seu día, non estamos de acordo nin co limite de prazas dos centros establecidos en 100 nin co 90% de habitacións individuais da proposta. Non vemos isto coherente co obxectivo de cumprir coa recomendación sobre o número prazas de residencia marcados pola OMS.

Tampouco vemos viable dar un prazo de seis anos, para facer adaptacións que nos centros existentes, que conlevaría importantes inversións e a redución de prazas dos centros. O que de levarse a cabo podería abocar o peche de centros residenciais.

Non entendemos que alternativa se plantexaría para o persoal dos centros obxecto de reducción de prazas. Parécenos inconcibible pensar en destruír emprego estable, especialmente en zoas rurais, onde existe especial dificultade para fixar poboación.

En conclusión, consideramos que esta proposta de lei de residencias do BNG, de saír adiante supoñerá un grave prexuízo para o sector da dependencia, os seus empregados e o desenrolo económico da comunidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.