Amigas das árbores. «Galicia para algunhas empresas só é territorio de sacrificio no que aplican políticas extrativistas máis propias de tristes pasados coloniais»

As imaxes son das cortas a feito no corazón da Ribeira Sacra (piñeirais e árbores autóctonas, todo tipo de viais para sacar a madeira, forte pendente con grave risco de erosión, con especies protexidas de fauna afectadas…) nun dos lugares máis visitados deste ecosistema único que conta con todo tipo de teóricas proteccións (BIC paisaxe cultural protexida, Rede Natura 2000, Reserva da Biosfera pola UNESCO…).
Os danos á paisaxe son visibles a quilómetros de distancia, os danos ao ecosistema van permanecer ao longo de moito tempo…
Pola información recollida, presuntamente, estas actuacións forón promovidas pola empresa IBERDROLA, unha empresa que de maneira cotía publicita e pon en valor as súas políticas «sustentables».
Resultan incomprensibles estas actuacións nun dos ecosistemas de máis valor de Galicia, incomprensible que non funcionaran os mecanismos administrativos (Xunta de Galicia) de control e protección do patrimonio natural, paisaxístico…
Produce moita mágoa que en Galicia sigamos estragando o noso patrimonio natural.
Esta desfeita na Ribeira Sacra non ten xustificación, non ten perdón

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.