Areeiro advirte da presenza das primeiras procesionarias en Pontevedra

O centro dependente da Deputación de Pontevedra recomenda no tocar as eirugas nin acercarse a elas nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que o seu contacto pode ocasionar irritacións e problemas graves en persoas e animais, especialmente os cans

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario para advertir da presenza no solo das primeiras eirugas procesionarias (Thaumetopoea  pityocampa) e aconsella neste senso evitar os paseos nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que como é coñecido, o contacto con estas eirugas pode ocasionar irritacións ou outros problemas máis graves.

Persoal técnico de Areeiro xa atopou nunha zona de control nun extremo da finca a primeira procesión “de enterramento” das eirugas desta especie. Hai que lembrar que estas eirugas posúen pelos urticantes que, en contacto coas persoas e animais domésticos, poden causar irritacións (de pel, ollos…), proídos, ou mesmo rinites e outros problemas que poden ser graves.

Por este motivo, desde a Estación Fitopatolóxica sinalan que é primordial non tocar as eirugas nin sequera acercarse a elas porque tamén liberan os pelos urticantes cando se senten ameazadas. Moi sensibles son tamén os cans, pola súa curiosidade innata, e por iso estes días deben evitarse os paseos nas zonas con piñeiros (as eirugas son difíciles de ver pola súa cor semellante á das agullas caídas) o e/ou cedros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.