As entradas para o concerto de Camilo na Coruña sairán á venda este próximo luns

O artista internacional actuará no Coliseum o 21 de xullo na súa única data do ano en Galicia

As entradas para o concerto que Camilo ofrecerá no Coliseum da Coruña o próximo xoves 21 de xullo sairán á venda o luns 7 de febreiro. Os billetes, como é habitual, estarán dispoñibles a través de Internet (en Ataquilla e El Corte Inglés) e no despacho de billetes da praza de Ourense a partir das 12.00 horas.

O intérprete, compositor, músico e produtor colombiano estará na cidade na súa única actuación en Galicia no 2022. Camilo gañou o Grammy latino 2020 e estivo nominado ao Grammy 2021. Trátase dunha referencia internacional que conta con máis de cinco billóns de reproducións en todas as plataformas dixitais arredor do mundo. Ademais, é o artista latino con maior número de seguidores en TikTok: 21,6 millóns.

O Coliseum da Coruña afronta un ano 2022 cargado de eventos. Cabe destacar, entre outros, a actuación de C. Tangana o 26 de febreiro, nunha das poucas datas do artista en España. Tamén regresarán ao recinto grandes nomes da música nacional como Fito & Fitipaldis (18 e 19 de marzo), Leiva (30 de abril, Joan Manuel Serrat (8 de xullo), Malú (17 de setembro) ou Melendi (22 de outubro). Completan a oferta Van Morrison (31 de marzo), Il Divo (15 de xullo) e o Resurrection Day (8 de outubro).

No ano 2021, con 24 eventos executados e un total de 26 funcións, o balance de asistencia foi de 37.696 usuarias e usuarios, o que supuxo unha media de 1.571 asistentes por evento e unha porcentaxe de ocupación media do 82,6 % da capacidade, o que indica¡. Este dato reflicte a interese do público pola actividade programada, así como a elevada fidelidade coa actividade do recinto, ante moi diferentes casuísticas sanitarias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.