CC.OO. cos afectados pola traxedia de Terrranova

Dende CC.OO. queremos amosar a nosa solidariedade e apoio aos sobreviventes e aos familiares dos falecidos e desaparecidos do arrastreiro conxelador Villa de Pitanxo.

Consideramos unha cuestión de necesidade e de humanidade  proseguir coas tarefas de búsqueda do resto da tripulación do Villa de Pitanxo, e neste senso sumámonos á petición das familias de que os Gobernos do Estado e da Xunta de Galicia interveñan diante o Goberno de Canadá para retomar á búsqueda dos mariñeiros desaparecidos, e sen escatimar nin medios nin recursos.

CC.OO. pon a disposición das familias afectadas tódolos seus recursos e solicita que se activen tódolos medios para dar cobertura e protección aos familiares. A atención ás familias é neste momento prioritaria.

Esiximos poñer  tódolos medios para a localización e rescate da tripulación desaparecida, e unha investigación “inmediata” de oficio a cargo da Comisión de Accidentes  e Incidentes Marítimos, que esclareza os feitos, para facer posible que se coñezan as causas do accidente. As conclusions da investigación servirán para que os seus familiares teñan unha explicación ao alto tributo pagado e se poidan evitar novas traxedias.

Queremos poñer en valor a solidariedade da frota pesqueira  próxima ao accidente, que se implicaron no rescate poñendo en risco a súa propia seguridade.

CC.OO. manifesta “que dende o sindicato apostamos  porque a seguridade e a saúde  sexan un recurso irrenunciable, de forma que o dereito a gañar un salario non haxa que pagalo coa saúde ou coa vida”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.