Charla-Debate: a blindaxe das pensións na Constitución

A Mesa Estatal para a Blindaxe das Pensións (MERP) da que o sindicato USO forma parte, celebrou un debate para tratar: É IMPRESCINDIBLE BLINDAR AS PENSIÓNS NA CONSTITUCIÓN, este mediodía en Santiago de Compostela, na Biblioteca Concepción Arenal, coa participación das seguintes organizacións invitadas: Cambados Pode, CGT, Espazo Común, Long Hope, PUM+J, USO e Unificación Comunista de España.
En pleno debate en negociación sobre a reforma do sistema público de pensións, a MERP defende a necesidade de introducir na Constitución a prohibición expresa de privatizadas e de que perdan poder adquisitivo.
Actualmente, as pensións non son un derecho constitucional. O artigo 50 reflicte meras recomendacións, non dereitos de obrigado cumprimento e aplicación, que non constitúen un mandato para os poderes públicos. É dicir, a revalorización das pensións non é unha obriga, como si ocorre co mantemento e desenvolvemento do carácter público das pensións.
Por iso cómpre blindar as pensións, para procurar prestación dignas e para que ningún Goberno, sexa da cor que sexa, podía recortalas ou privatizalas.