Olga Louzao «O Goberno local de Lugo négalle reiterada e deliberadamente acceso a información de intereses público»

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, denunciou esta mañá que o Goberno local négalle reiterada e deliberadamente acceso á información de intereses público. «O Goberno local incumpre deliberadamente a normativa  que  fixa o prazo máximo de cinco días hábiles para entrega da documentación solicitada polos grupos municipais co obxectivo de delimitar a acción fiscalizadora da oposición intenconadamente. Esto sucede de forma reiterada desde principios de 2021. É inadmisible que o executivo de Méndez e Arroxo impidan deste xeito que levemos a cabo o noso traballo. Plantexámonos de novo acudir á Valeroda do pobo para que cumpran a normativa do mesmo xeito que tivemos que facer para que publicaran os contratos menores, que por certo, están sen actualizar desde o primeiro semestre de 2021. É intolerable a forma de proceder deste goberno», apuntou a concelleira da formación laranxa.

«Solicitamos á alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, que interceda para facilitar coa maior brevidade posible os expedientes aínda pendentes.  En concreto, no noso caso trátase de obter copia o acceso a asuntos tan importante para a cidade como a proposta técnica pormenorizada del repintado das prazas de aparcamento dos aparcadoiros da praza de Santo Domingo, Praza de Ferrol e Praza da Constitución solicitado o 24 de xaneiro e o acceso ao expediente do procedemento de adxudicación do novo contrato de recollida do lixo solicitado o pasado 12 de xaneiro», proseguiu. «Do mesmo xeito esiximos que a alcaldesa articule as medidas necesarias para que este reiterado incumprimento que deteriora enormemente a transparencia a calidade dos procesos democráticos desta administración non se repita no futuro», concluíu Louzao.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.