Comezan as obras de construción da nova pista de patinaxe de Novo Mesoiro

Os traballos terán un prazo de execución de 24 semanas. O proxecto procura, ademais, fomentar hábitos saudables no barrio coa media de idade máis baixa da cidade da Coruña

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de construción da nova pista de patinaxe de velocidade no barrio de Novo Mesoiro, unha instalación que contará coas medidas precisas para ser apta de cara á celebración de probas e competicións deportivas.

Os traballos, adxudicados á empresa Jardinería Arce por valor de 191.419 euros, terán un prazo de execución de 24 semanas, e levaranse a cabo nunha parcela localizada entre o centro de saúde de Novo Mesoiro, o polideportivo municipal do barrio e o campo de fútbol da Fundación Johan Cruyff. Serán un total de 2.600 metros cadrados de superficie, que incrementarán e mellorarán as dotacións deportivas do barrio, que conta coa media de idade máis baixa entre os dez distritos que compoñen a cidade

A pista de patinaxe de Novo Mesoiro, que terá unha lonxitude de corda interior de 125 metros e unha rúa de cinco metros de ancho, está proxectada como un recinto ao aire libre que se suma aos equipamentos e servizos xa existenes no barrio para dar servizo aos residentes. Ademais, será a primeira pista de patinaxe na Coruña con esas dimensións e contribuirá a dinamizar o barrio atraendo a aficionados de outros puntos da cidade.

A pista de patinaxe responde ao compromiso de Inés Rey coa posta en marcha de novas instalacións deportivas, así como coa mellora das xa existentes. Tras a finalización da mellora dos campos da Torre, cun investimento de case un millón de euros, a Concellería de Deportes pon en marcha agora as obras en Novo Mesoiro, o barrio coa media de idade máis baixa da cidade e, por tanto, un dos lugares con máis demanda de instalacións deportivas pensadas para os máis novos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.