Continúan os traballos de poda nas rúas da Eiriña e Rodríguez Seoane e a Praza das Regas de Pontevedra

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural do Concello de Pontevedra, dirixida polo socialista Iván Puentes, acaba de poñer en marcha un novo zafarrancho de podas e retirada de restos na zona leste da cidade

En concreto no arborado urbano das rúas da Eiriña, Rodríguez Seoane e a Praza das Regas. A intervención está a desenvolverse desde primeira hora da mañá pola firma especializada Silvareira Servizos Forestais SL, mediante o emprego dun guindastre cun cesto para poda en altura.

O Servizo de Parques e Xardíns destinou un orzamento global de 6.655 euros a contratar esta intervención (3.206,50 euros para o contorno da Praza das Regas e 3.448,50 para as rúas da Eiriña e Rodríguez Seoane). Tal e como explica Iván Puentes, «no caso concreto de Rodríguez Seoane, parte dos traballos que se están a executar están orientados a reducir o volume das copas da liña de árbores existente neste vial, xa que hai exemplares que teñen certo porte e a súa proximidade aos inmobles estaban a facer que as pólas máis longas resultasen molestas para algúns veciños».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.