Ecoloxistas en Acción denuncian acelerada degradación da única colonia de cegoñas que queda na provincia de Pontevedra

As organizacions ecoloxistas detectaron no ano 2019 a presenza e nidificación dunha colonia de Cegoña branca (Ciconia ciconia) en Soldecasa, Escuadro (Silleda). Esta colonia contaba daquela cun total de 13 niños ocupados e criando. Unha poboación de cegoñas consolidada, cun crecemento normal e boa aceptación da veciñanza da contorna.

Xa no ano pasado desde a equipa de Coordinación de Censos de Cegoña Branca de Amigas das Cegonhas, en colaboración con Ecoloxistas en Acción Rías Baixas, e coa participación de voluntarios de SGHN expuxeron nun escrito Á Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, que no último Censo de Cegoña Branca Invernante realizado os días 24 e 25 de outubro de 2020 para S.E.O, faltaban dous niños censados desde o ano 2019. As organizacións ecoloxistas denuncIan que a día de hoxe a administración non respondeu e a empresa eléctrica non se fixo cargo dos danos que está causando ás cegoñas e a súa conservación.

Indican que actualmente tan só quedan oito niños. Ademais, recentemente, con motivo de revisar a zona para comenzar con tarefas do censo 2022, detectáronse trebellos para disuadir a ocupación dous escasos niños de cegoña branca que quedan na zona.  Ante esta situación, Amigas das Cegonhas e Ecoloxistas en Acción Rías Baixas solicitaron a Belén María do Campo Piñeiro, directora xeral de Patrimonio Natural, que interveña urxentemente para protexer a reproducción de esta colonia de cegoñas.

Reclaman que se cumpra a lei. Segundo o Decreto 3181/80 de 30 de decembro (publicado no B.O.E. núm. 56, de 6 de marzo de 1981) a Cegoña branca se designa como especie estritamente protexida pola lei, estando prohibida a seu caza, captura, disecación, comercio, destrución ou derriba dos seus niños así como dar morte aos seus pitos ou roubar os ovos. Ademais tanto a Directiva de Aves como a Lei 42/2007 establecen a protección da Cegoña branca, os seus polos e niños. Na última modificación do Código Penal se regula que «realizar actividades que impidan ou dificulten a reproducción dunha especie protexida», como e o caso da cegoña branca, pode ser considerado delito.

Amigas das Cegonhas e Ecoloxistas en Acción Rías Baixas reclaman á empresa comercializadora eléctrica que sexa respectuosa coa natureza e que non retiren os niños, nin intenten espantar ás cegoñas. Solicitan que se retiren os pinchos e aparatos disuasorios e no seu lugar se faciliten niños alternativos ou plataformas para a reubicación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.