Gómez Reino denuncia a “recorrente incompetencia” de Feijóo para executar os fondos que percibe a Xunta doutras administracións

«Feijóo utiliza os fondos como arma contra o Goberno do Estado, seguindo así o ronsel que lle marcan Casado e Ayuso»

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, denunciou este xoves a «recorrente incompetencia» de Feijóo para executar os fondos de recuperación que recibe o Goberno da Xunta doutras administracións.

A Xunta percibiu do Estado 234,4 millóns de euros para destinar a pequenas e medianas empresas (PEMES). Con todo, contabilízase que o 30% destes fondos quedaron sen utilizar, o que equivale a 73 millóns de euros.

A pesar diso, o presidente da Xunta segue queixándose das cantidades asignadas a Galicia. «Feijóo protesta continuamente dos fondos concedidos á Xunta, pero en realidade é incapaz de investilos a favor de Galicia», alega o secretario xeral.

Neste sentido, Gómez Reino sostén que «o que demostra Feijóo é que para el o prioritario non é o ben dos galegos e as galegas, senón utilizar os fondos como arma contra o Goberno do Estado, seguindo así o ronsel que lle marcan Casado e Ayuso».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.