Instalado o novo alumeado público no CEI Nodus de Lugo

Alexandre Penas: «Continuamos coa mellora do alumeado público da cidade, instalando novas luminarias para mellorar a imaxe da zona»

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou o CEI Nodus, onde o Goberno de Lugo está a instalar novo alumeado público. Alexandre Penas explicou que «con esta actuación avanzamos na mellora da rede de alumeado público e melloramos do mesmo xeito a imaxe desta zona da cidade», e engadiu «ademais de eliminar unha zona escura da cidade, instalaremos un alumeado eficiente que permitirá aforrar os custos de consumo eléctrico soportados polo Concello».

A concellería de Infraestruturas instalou 3 novos proxectores LED asimétricos, que permiten un maior alcance que os tradicionais, sobre as columnas existentes na zona. Ademais, instalouse unha nova columna de 9 metros de altura cunha luminaria vial, que permitirá mellorar a visibilidade. En total, investíronse 6.245,43€

Nos últimos dous anos a área de Infraestruturas renovou o alumeado en múltiples zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas como a avenida Filharmónica Lucense, que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio instaladas na cidade

Desde a concellería de Infraestruturas continúase a investir na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade, que se executarán durante o 2022.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.