Maite Ferreiro presenta o ciclo de visitas escolares ao Vello Cárcere Un edificio con boa Memoria

A concelleira de Cultura, turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o ciclo de Programación Escolar do Centro Sociocultural O Vello Cárcere. Baixo o título Un edificio con boa memoria, a área de Cultura achegará o Vello Cárcere a todos os centros de ensino de Galiza «cunha visita guiada ao centro que contará con diversas actividades para facilitar a actividade formativa», explicou Maite Ferreiro

Baixo o título ‘Un edificio con boa Memoria’, o novo Programa de Visitas escolares pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galiza. «Trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos de Primaria», afirmou a Concelleira de Cultura.

Os centros educativos interesados poderán reservar a súa visita contactando co Centro por teléfono ou por correo electrónico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.