O Concello de Dumbría e XEAL continúan colaborando conxuntamente pola comarca

A compañía colaborará co concello aportand 40.000 euros para financiar as obras de mellora e acondicionamento do chamado “Camiño de Xestosa”

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e a Directora Corporativa de Xallas Electricidad y Aleaciones, XEAL, María Couto, reunironse este xoves, 24 de febrero, para firmar un convenio de colaboración para a financiación das obras de mellora e acondicionamento do “Camiño de Xestosa”, nun acto que se celebrou no Concello da localidade.

XEAL aportará 40.000 euros para financiar as actuación necesarias para mellorar a funcionalidade do camiño rural, a súa seguridade e, no seu conxunto, acadar un mellor acondicionamento do entorno sobre o que se implanta e permitir o tránsito seguro polo mesmo en interés xeral dos cidadáns.

Esta colaboración responde ao interés da compañía de crear un valor compartido que asume a través do desenvolvemento responsable das súas actividades de acordó co compromiso de sostenibilidade 2030 e a súa política ASG.

José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, afirmou que “este tipo de colaboración son moi importantes tanto para o Concello como para os seus veciños e veciñas e neste caso particular contribuirá a mellorar a seguridade dos veciños no tránsito por esta vía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.