O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento do ex concelleiro Alfredo Novoa

O Concello comunicou o falecemento de Alfredo Novoa Gil, concelleiro entre os anos 1987 e 2007

Alfredo Novoa foi unha persoa que dedicou unha gran parte da súa vida á xestión e ao desenvolvemento do Concello de Oleiros. Parte destacada dos distintos gobernos municipais nos que participou, tamén presidiu o Fondo Galego de Cooperación durante 15 anos e desenvolveu un importante traballo como sindicalista de Comisións Obreiras. Ocupou a vicepresidencia de Alternativa dos Veciños e actualmente era o presidente de honra do partido.

En recoñecemento á súa irreprochable traxectoria política, o Concello outorgoulle en 2016 o seu nome a unha rúa da parroquia de Nós, na que residía este destacado político oleirense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.