O Goberno de Sánchez confirma ao PP que non prevé construír a nova Comisaría da Policía Nacional de Lugo

Así se detalla na resposta á pregunta formulada polos senadores lucenses, e na que se indica textualmente que “nunca ha existido un proyecto real para edificar una nueva”
“Dende que Rajoy deixou de gobernar no Estado, o PSOE non fixo absolutamente nada por dar continuidade a este proxecto. Nin formalizaron o estudo de viabilidade, nin teñen proxecto, nin nada de nada”, denunciou José Manuel Barreiro
“Recentemente fomos vetados a unha reunión de traballo para seguir reivindicando o que Lugo merece e, agora a raíz dunha pregunta, sabemos que dende o ano 17 non só non fixeron nada senón que gardan no caixón o que estaba feito e por iso pedimos que rectifiquen”, afirmou Elena Candia
Ramón Carballo, que xa adiantou que levarán este asunto ao pleno municipal, apelou tamén á responsabilidade do PSOE lucense. “Agora que tanto a Sra. Méndez como o Sr. Tomé veñen de asumir cargos destacados dentro do Partido, esiximos que, por unha vez, peten no despacho de Sánchez e defendan a Lugo”
O desentendemento de Interior respecto da Policía Nacional vai en aumento. Ademais do traslado do 091 a Coruña, de que UPR aínda no está creada e de que a propia Comisaría está obsoleta e carece de medios axeitados, o PSOE negouse a incluír os 2,5 millóns que o PP pedía nas emendas aos PXE para construír, entre outras actuacións, a nova dependencia