O Movemento Arredista celebra este 19 de febreiro en Compostela un Encontro Aberto sobre política municipal e transformación social

O Encontro contará coa presenza de formacións políticas como o Bloque Nacionalista Galego, Eh Bildu, Sortu, Poble Lliure e as CUP, participarán colectivos sociais como as Escolas de Ensino en Galego Semente, ADEGA, Fundaçom Artábria, Asociación Xermolos (Festival de Pardiñas) e Gian Michele Bosco, avogado de Mimmo Lucano alcalde de Riace, Italia, que estará presente por vía telemática

O vindeiro sábado 19 de febreiro o Movemento Arredista organiza en Compostela un Encontro Aberto sobre políticas locais e transformación social en torno a cuestións como a participación social dende os concellos, a recuperación de servizos a mans públicas, a construción nacional dende o local e a necesidade de erguer e soster iniciativas sociais que desborden os marcos do sistema.

Coa ollada posta no reforzo do traballo social e dun traballo institucional ao servizo do avance do proxecto soberanista e a xustiza social, teremos a ocasión de achegarnos ás experiencias de compañeiras da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Aragón ou Italia para procurar colectivamente máis e mellores ferramentas coas que intervir políticamente no noso país.

Unha oportunidade para coñecer e achegarse a experiencias dende diferentes realidades sociais e políticas que teñen como eixo principal a construción nacional e a transformación social. Iniciativas sociais e institucionais que abren camiños e reforzan o combate a un capitalismo que toma a nivel local formas como as privatizacións de servizos e, no caso da Galiza, dun réxime do 78 cunha crecente pulsión recentralizadora que impón unha lexislación limitadora das posicións políticas que aspiran a mudar a realidade.

O Encontro contará con catro mesas de debate que se organizarán da seguinte forma:

10.30h – 12.00h – Modelos de participación social dende os concellos.

  • Modera Silvia Pardo Galdo, activista feminista, membro da Mesa Nacional do Movemento Arredista, concelleira do BNG nas Pontes e membro do Consello Nacional do BNG.

  • San Sadurniño, a aposta polos orzamentos participativos. Secundino García Casal (BNG – Galiza). Traballador da industria madeireira local (Intasa), dende xuño de 2007 é alcalde do concello de San Sadurniño, en representación do Bloque Nacionalista Galego (BNG)

  • Experiencias de participación a nivel local en Euskal Herria. Silvia Marañon Chasco (EH Bildu/Sortu – Euskal Herria). Alcaldesa de Etxarri Aranatz en Nafarroa

  • As consultas populares sobre a independencia. Arnau Comas i Miñarro (CUP – Cataluña). membro da direción de Poble Lliure, responsábel da área de Unitat Popular. Foi durante 8 anos concelleiro da oposición en Sant Esteve de Palautordera (2011 – 2019), coordinador técnico nacional de política municipal da CUP (2012 – 2017) e membro da Permanente nacional (2014 – 2017). Traballou no ámbito da xestión de proxectos e a recuperación de servizos externalizados, tanto a nivel público como privado. Actualmente é asesor da Área Metropolitana de Barcelona.

  • Artieda un proxecto de participación desde o rural. Anchel Reyes Garrieta (Empenta Artieda – Aragón). habitante de Artieda e sociólogo de profesión. A nivel militante traballa no desenvolvemnto local de Artieda en Empenta Artieda, na organización comarcal de xóvens Redolada que organiza o encontro do capazo unha vez ao mes, nos enconcontros de inmemrsión lingüística trobada vivir en aragonés e na RIADA, red de acción política do medio rural aragonés.

12.15h a 14.00h Recuperar os servizos a mans públicas.

  • Modera Lucía Freire Ces, militante do Movemento Arredista e do BNG é membro da executiva Confederal da CIG (Confederación Intersindical Galega).

  • Mancomunar servizos para a súa xestión pública. María Lago Lestón (BNG – Galiza). Licenciada en farmacia. Foi responsábel local do Bng de Muros dende o 2016 ata 2019, cando asumiu a representación do grupo municipal. Actualmente é concelleira na corporación muradana e representante do BNG na Xunta Rectora da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza.

  • Verín, batalla polo público. Diego Lourenzo Moura (BNG – Galiza). Titulado en Administración e Direción de Empresas pola Universidade de Vigo. Militou en Galiza Nova e nos Comités, hoxe é membro do Consello Nacional do BNG. Concelleiro dende 2011 é Tentente de Alcalde do Concello de Verín responsábel das áreas de Facenda, Mocidade, Turismo, Eurocidade e Participación Cidadá dende 2015.

  • Remunicipalizar servizos, o reto da auga. Pilar Castillejo i Medina (Poble Lliure – Catalunya). Licenciada en Ciencias Físicas na UAB. Entrou como concelleira nas elecións de 1999 pola COP-Compromís en Ripollet. Foi escollida concelleira no ano 2015 coa candidatura Decidim Ripollet e é primeira tenente de alcaldía de Economía, Persoas, Servizos Municipais e Municipalizacións de Ripollet, un concello de 40.000 habitantes. Militou na Assemblea d’Unitat Popular, na área de internacional.

  • Soberanías dende o local: proxecto Hernani Burujabe. Xabier Lertxundi Asteasuinzarra (EH Bildu/Sortu- Euskal Herria) https://burujabe.hernani.eus Graduado en pedagoxía e psicopedagoxía, traballou de profesor e educador familiar. É membro do Conselho Basco para a Inclusión Social, membro do Conselo Executivo de EUDEL, concelleiro en Hernani dende 2015 e dende 2019 Alcalde.

  • Experiencias comunitarias no rural. Victor Iguácel Ara (Ixambre S. Coop – Aragón). Habitante de Artieda e cooperativista de Ixambre S. Coop, cooperativa socialista para o desenvolvemento local da aldea. Militante na asociación río Aragón en contra do recrecemento de Yesa, en Empenta Artieda, na rede xuvenil da comarca e na RIADA, rede de coordenación de políticas locais no medio rural aragonés.

17.00h a 19.00h Construción nacional desde o municipal.

  • Modera Noa Presas Bergantiños, membro da Mesa Nacional do Movemento Arredista e da Executiva Nacional e Consello Nacional do BNG é parlamentaria do BNG no Parlamento de Galiza.

  • Unha aposta pola construción nacional dende o local Xosé Emilio Vicente Caneda (Movemento Arredista – Galiza). Compostela 1980 é profesor e xornalista, militante do Movemento Arredista, foi secretario xeral de Galiza Nova e participou da fundación de Isca!. Foi membro da Mesa Nacional do Movemento Galego ao Socialismo entre 2009 e 2020 do Consello Nacional do BNG en varias ocasións e da súa Executiva Nacional entre 2016 e 2021. Participou de diversos movementos sociais, como Mar de Lumes, o movemento anti-taurino en Pontevedra e varios centros sociais nacionalistas. Milita no BNG local e comarcal da comarca de Bergantiñose e na CIG Ensino.

  • A República catalá desde o local Guillem Fuster i Usas (Poble LLiure – Catalunya). Nacido en 1980, actualmente é portavoz nacional de Poble Lliure, e forma parte da súa direción, é membro do Goberno del Consell per la República co exilio. Formado en dinamización lingüística .

  • Euskal Herria: construíndo nación desde os concellos. Xabier Lertxundi Asteasuinzarra (EH Bildu/Sortu – Euskal Herria). Graduado en pedagoxía e psicopedagoxía, traballou de profesor e educador familiar. É membro do Conselho Basco para a Inclusión Social, membro do Consello Executivo de EUDEL, concelleiro en Hernani dende 2015 e dende 2019 Alcalde.

19.15h a 21.00h O local como ámbito de conflito. Desbordar os marcos institucionais.

  • Modera Ximena González Ataide, activista feminista, membro da Mesa Nacional do Movemento Arredista, membro do Centro Social A Galleira e do Consello Local do BNG de Ourense.

  • De resistir a construír: o proxecto da Escola de Ensino en Galego Semente. Marta Santos (Semente – Galiza). Docente desde fai máis de 20 anos na escola pública e militante do proxecto semente desde os seus inicios. Forma parte da comisión pedagóxica a nivel nacional e é coordinadora pedagóxica de infantil na Semente Compostela. Escolas de Ensino Galego Semente.

  • Territorio: resistencia fronte ao espolio. Roi Cuba Dorado (ADEGA – Galiza). Nado en 1987 é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Vigo, traballou como mestre composteiro en varios concellos da provincia de Pontevedra, participa de diferentes movementos sociais. Dende maio de 2021 é presidente de ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza)

  • Centros Sociais: espazos de contrapoder. (Bruno Lopes Teixeiro – Fundaçom Artábria). Membro da diretiva da Fundaçom Artábria e da portavocía de Via Galega, participa tamén da Semente Trasancos

  • Cultura: a forza da organización social. Alfonso Blanco Torrado (Xermolos – Galiza). É mestre, dinamizador cultural, escritor e crego. Cofundador e coordenador de Xermolos a asociación que dende 1980 organiza o Festival de Pardiñas.

  • Migracións: desafiar o Estado dende o local. Gian Michele Bosco (Avogado de Mimmo Lucano – Italia). Militante da esquerda calabresa desde 1997. Foi concelleiro do municipio da capital de Calabria. No xuízo contra Mimmo Lucano defendeu 4 das acusadas. Mimmo Lucano foi alcalde de Riace entre 2004 e 2018. Obtivo recoñecemento internacional por promover o acollemento de persoas migrantes na súa vila, revertendo a crise demográfica que sufría por aquela altura. Foi condeado a 13 anos de prisión por delitos contra o Dereito antimigración.

O Movemento Arredista convida a asistir ao Encontro Aberto que decorrerá no Centro Cívico Fontiñas durante toda a xornada do 19 de febreiro en Compostela a todas as persoas que teñan interese en política local e transformación social e queiran coñecer experiencias concretas e liñas de traballo de outras compañeiras do soberanismo de esquerdas no Estado Español.

O Encontro Aberto «Transformando dende o local» é o primeiro que organiza o Movemento Arredista que cumple como organización un ano neste mes de febreiro, e nace con vontade de continuidade como espazo de reflexión, debate e achega de experiencias políticas que permitan reforzar a intervención política na Galiza en chave independentista, socialista e feminista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.