O plan municipal de limpeza de pintadas percorrerá a rolda de Outeiro a semana que vén

Inés Rey: “A Coruña destaca agora como unha das cidades coa tecnoloxía máis avanzada aplicada á limpeza viaria grazas ás novas melloras de rendemento e eficacia”

O Concello da Coruña presentou este venres a nova frota de vehículos para o servizo de limpeza na cidade. No acto realizado na praza de María Pita estivo presente a alcaldesa Inés Rey, que xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, revisou as principais novidades da nova maquinaria.

Durante a presentación, a alcaldesa anunciou a extensión do programa de limpeza de pintadas, que puxo en marcha o executivo local a través da Oficina Virtual do Graffiti, ata os barrios situados ao longo do eixo conformado pola rolda de Outeiro. A semana próxima os operarios comezarán a percorrer a rolda, desde o cruzamento coa avenida do Exército e ata Peruleiro, deténdose nas rúas máis importantes dos barrios polos que pasa. Así, nas vindeiras semanas as brigadas actuarán nos Mallos, a Sagrada Familia, o Ventorrillo, a Agra e Peruleiro, entre outros, deténdose especialmente en rúas peonís como Ángel Senra e rúa Barcelona, ademais da praza das Conchiñas.

Desde a súa posta en funcionamento, a Oficina Virtual do Grafiti atendeu 2.183 incidencias, limpando 1.741 pintadas en paredes muros e paredes e 442 en contenedores. Os operarios actuaron en 350 rúas da cidade, inciándose os traballos, que agora se esten á rolda de Outeiro, na Cidada Vella, Monte Alto e Zona Centro, e atopándose actualmente as brigadas de limpeza nos distritos 8 e 9 da cidade.

Ademais, a oficina recibou cerca de 700 correos electrónicos de particulares dando aviso de pintadas. O tempo de medio de atención para a retirada dunha pintada nunha zona que xa fora previamente limpada é de menos de 48 horas.

A nova flota

A UTE A Coruña Limpieza, formada por FCC Medio Ambiente e Ingeser Atlántica, foi a adxudicataria o ano pasado do contrato de limpeza viaria por un período de oito anos. O contrato inclúe uns investimentos duns 7 millóns de euros. A adquisición de vehículos dotados da tecnoloxía máis avanzada dispoñible, menos contaminantes e respectuosos co medio, pon de relevo o compromiso do Goberno de Inés Rey coa sostibilidade, o respecto ao medio e a loita contra o cambio climático. “Grazas aos avances que presentamos hoxe, A Coruña destaca agora como unha das cidades coa tecnoloxía máis avanzada aplicada á limpeza viaria grazas ás melloras de rendemento e eficacia coas que contamos”, apuntou a alcaldesa.

Vehículos eléctricos e de gas natural

Os vehículos e equipos eléctricos contan coa cualificación ‘Cero Emisións’ e son completamente silenciosos e ecolóxicos, xa que non emiten ningún tipo de contaminante. Tamén hai unidades de gas natural comprimido (GNC) e etiquetados ‘Eco’. Todos eles contribúen a reducir as emisións de partículas contaminantes e ruído, así como de dióxido de carbono, en comparación cos vehículos de combustión convencional que se estaban a utilizar.

A frota de vehículos adquirida está composta por 62 unidades, dos que 27 (o 43%) son vehículos eléctricos, cero emisións: 12 vehículos auxiliares de limpeza, 4 varredoras, 2 baldeadoras, 7 vehículos de inspección do servizo, 2 para a limpeza das praias tracción 4×4. O Concello da Coruña é pioneiro a nivel nacional ao dispoñer da varredora eléctrica de calzadas e tamén pola adquisición dun vehículo dual eléctrico novidoso tecnoloxicamente na limpeza, denominado así por facer dúas funcións de varredora e baldeadora de beirarrúas, segundo as necesidades.

Do resto de vehículos, 28 (o 45%) son de gas natural comprimido, GNC etiquetados ECO: 15 vehículos auxiliares, 7 alxibes de 10.000 litros, 5 furgóns, 1 camión de caixa aberta con guindastre.

Entre os equipos que se utilizan para desenvolver as diferentes tarefas de limpeza nas rúas da localidade inclúense algúns con dimensións reducidas para desprazárense por vías estreitas e chegar a todos os recunchos. Cabe indicar o menor impacto das emisións de ruído polo uso de maquinaria eléctrica e de GNC.

Ademais, Rey anunciou tamén que ao longo dos meses de abril e maio está prevista a chegada á Coruña de nova maquinaria especializada para mellorar o servizo. A adxudicataria recibirá unha máquina tintométrica especializada en limpeza de pintadas, máquina que conta con cámaras, sensores e depósitos de pintura, que permiten identificar cores e tons das paredes facer a mestura no mesmo lugar e proceder inmediatamente ao pintado, axilizando o proceso e evitando demoras.

Ademais, outras dúas máquinas decapadoras para actuar sobre a sucidade máis profunda do chan serán tamén incorporadas ao servizo.

Reforzos e novidades

Entre outras novidades do novo contrato, reforzouse o servizo nas zonas da cidade con maior afluencia, como por exemplo as zonas de máxima concentración hostaleira, a zona vella e as zonas do Parrote e os Cantóns, aumentáronse as frecuencias dos varridos mecánicos de calzadas e de baldeos manuais. Para limpar os mercados municipais, adquiríronse fregadoras eléctricas dotadas das máis altas tecnoloxías que permiten unha hixienización máis profunda. Por outra banda, intensificouse a eliminación de graffitis, creouse a zona de “pintadas cero”, limpáronse inmediatamente os graffitis que aparecen nela e ampliouse diariamente a súa superficie, igualmente elimináronse as malas herbas.

Ademais, no mes de xuño empezáronse a cambiar as papeleiras do termo municipal, cunha variedade de máis de 80 modelos distintos e preto de 4.000 unidades. Reducíronse a catro os tipos de papeleiras, tres deles de nova fabricación e que fan da Coruña pioneira na súa colocación, todo co fin de homoxeneizar as papeleiras. Puxéronse en marcha tamén diferentes campañas de difusión e concienciación para mellorar os hábitos e fomentar as actitudes responsables dos cidadáns e das cidadás e gozar dunha cidade máis limpa.

A Coruña conta na actualidade con 260 traballadores e traballadoras no servizo de limpeza viaria. Inés Rey destacou que desde o 2019 aumentou un 5 % a presenza de mulleres entre o persoal e apuntou que co novo contrato dedícanse 75.000 euros ao ano na procura dun maior equilibrio entre homes e mulleres que desempeñan este servizo público. Por outra banda, o 2% dos traballadores e traballadoras procede dun programa de inserción laboral de persoas con diversidade funcional.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.