O PP de Castroverde esixe ao alcalde Arias que solucione os problemas que impiden que algúns usuarios do SAF reciban este servizo

No proceso de cambio de empresa para a prestación do Servicio de Axuda no Fogar en Castroverde dáse unha situación lamentable e inaceptable que é que hai usuarios que non reciben esta prestación. O portavoz popular, Rubén Otero, esixe ao alcalde, o socialista José María Arias, que asuma a súa responsabilidade e adopte de inmediato as medidas precisas para que o SAF chegue a todos os veciños de Castroverde que teñen dereito a el.

Otero considera “de todo inadmisible que quince días despois de feito o relevo das empresas, a nova concesionaria aínda teña persoas sen atender”. Di que é responsabilidade directa do alcalde  asegurarse de que se solucionan de inmediato os problemas que propician tal situación, de maneira que todos os usuarios do SAF o reciban realmente.

O mesmo representante popular asegura que fará un seguimento moi detallado das condicións laborais das traballadoras do SAF, para comprobar que se cumpren todos e cada unha das obrigas asumidas con respecto a elas pola empresa concesionaria. Di que non terá permisividade algunha en relación co estrito cumprimento das obrigas da empresa para coas traballadoras.

Por outro lado, Rubén Otero reclama do goberno local, presidido por José María Arias, a contratación dunha persoa para apoiar o labor da asistenta social, que na actualidade está desbordada de traballo. Para conseguir este obxectivo, defenderá unha moción na próxima sesión plenaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.